Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de febreiro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada pola Resolución do 28 de marzo de 2017.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 15 de febreiro de 2019

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Café bar Cinatit.

Titular: Mª Isabel Feáns Garabal.

Enderezo: rúa Santiago de Chile, 26.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Café bar Las Gaviotas.

Titular: Francisco Lado Blanco.

Enderezo: praia Ornanda, Miñortos.

Concello: Porto do Son.

Establecemento: Café bar La Sirena.

Titular: Residencias México, S.L.

Enderezo: praia Ornanda.

Concello: Porto do Son.