Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo co procedemento abreviado 58/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Vigo tramítase o recurso 58/2019 (procedemento abreviado), interposto por María Castro Parga fronte á Resolución do 8 de xaneiro de 2019 pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 12 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (categoría: técnico superior en Prevención de Riscos Laborais) (DOG núm. 185, do 27 de setembro de 2018).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada no apartado doutras actividades.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos