Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12033

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 1 de febreiro de 2019 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela o persoal que reúna as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO I

– Denominación do posto: director/a residencia tempo libre.

Código: PS.C99.40.210.32190.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Localidade: O Carballiño.

Grupo: A1-A2-C1.

Corpo/escala: xeral.

C. espec.: 12.012,56 €.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego –requisito indispensable–).

– Denominación do posto: director/a residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.801.32001.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores Nª Sª dos Miragres (Ourense).

Localidade: Ourense.

Grupo: A1-A2-C1.

Corpo/escala: func./estat./laboral.

C. espec.: 12.012,56 €.

Adscrición administracións públicas: A15 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas e persoal estatutario do Sergas e persoal laboral da Xunta de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego –requisito indispensable–).

Observacións: B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade) // se é persoal laboral grupos: I, II // complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 25, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

missing image file