Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste edicto as resolucións ditadas no procedemento establecido na Orde do 23 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2017 (DOG núm. 249, do 30 de decembro de 2016).
Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.
Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pódese interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)
DNI/NIE/ pasaporte |
Núm. de expediente |
Acto que se notifica e data |
79318946L |
BS403B-2017-00003378 |
Resolución do 15.12.2017 |
39455482V |
BS403B-2017-00005920 |
Resolución do 26.12.2017 |
34999872J |
BS403B-2017-00006817 |
Resolución do 28.2.2018 |
44485039A |
BS403B-2017-00008052 |
Resolución do 15.12.2017 |
14313497E |
BS403B-2017-00008064 |
Resolución do 15.12.2017 |
Y1682540N |
BS403B-2017-00008866 |
Resolución do 12.4.2018 |
47370236B |
BS403B-2017-00009540 |
Resolución do 7.2.2018 |
Y4360174D |
BS403B-2017-00009640 |
Resolución do 15.12.2017 |
47328370M |
BS403B-2017-00011816 |
Resolución do 28.2.2018 |
Y6571775E |
BS403B-2017-00015467 |
Resolución do 12.4.2018 |
44479364D |
BS403B-2017-00015571 |
Resolución do 12.4.2018 |