Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 11655

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Advertidos erros na publicación da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 28 de decembro, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 54043, no punto Un do artigo 13, onde di: «Un. Durante o ano 2019, no ámbito a que se refiren as alíneas b) e d) do artigo 11.Un desta lei, poderán proverse, sen necesidade da autorización conxunta a que se refire o punto Quinto do artigo 12 desta lei, en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables...», debe dicir: «Un. Durante o ano 2019, no ámbito a que se refiren as alíneas b) e d) do artigo 11.Un desta lei, poderán proverse, sen necesidade da autorización conxunta a que se refire o punto Sexto do artigo 12 desta lei, en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables...».

Na páxina 54049, no punto Un do artigo 16, onde di: «Un. Durante o ano 2019, no ámbito a que se refiren as alíneas c), f), g), h) e i) do artigo 11.Un desta lei, poderán realizarse, sen necesidade da autorización conxunta a que se refire o punto Quinto do artigo 12 desta lei, en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables...», debe dicir: «Un. Durante o ano 2019, no ámbito a que se refiren as alíneas c), f), g), h) e i) do artigo 11.Un desta lei, poderán realizarse, sen necesidade da autorización conxunta a que se refire o punto Sexto do artigo 12 desta lei, en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables…».