Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acordo obxecto de notificación ditouno a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Ourense, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense, na Rúa Concello, número 11, 4º andar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 12 de febreiro de 2019

Mª Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoas interesadas:

— NIF 76711520B.

— NIF 34976255V.

Asunto: reintegro por aboamentos indebidos.

Acto notificado: resolución de reintegro por aboamentos indebidos.