Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Andrés.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Andrés e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 5 de decembro de 2018, Juan Manuel Leiro Cores solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Andrés.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante apartación, a favor de Ana Rosa Vázquez Reirís (****5023), Marcos Leiro Cores (****4871) e María Luisa Piñeiro Cores (****3533), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Andrés.

Situación:

Cuadrícula nº: 336.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.4.1971.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Juan Manuel Leiro Cores (****9632), Marcos Leiro Cores (****4871) e María Luisa Piñeiro Cores (****3533).

Novos titulares: Ana Rosa Vázquez Reirís (****5023), Marcos Leiro Cores (****4871) e María Luisa Piñeiro Cores (****3533).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da apartación en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de decembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Dolores Sánchez Gil
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica