Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2018/103-2, 8710 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica José Matanza García, S.L.

Domicilio social: lugar Casares, 11, Carballedo, 27528 Lugo.

Denominación: centro de seccionamento e transformación de Santa Baia.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

• Tres liñas de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 15 m en condutor tipo RHZ1-95, con orixe nos pasos aero-soterrados proxectados no apoio existente da LMT Casares-Besteiriños, e final no centro de seccionamento/transformación proxectado.

• Centro de seccionamento/transformación en edificio prefabricado, cun transformador de potencia de 100 kVA (en substitución do CT Santa Baia existente) e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, catro celas de media tensión (unha de entrada de liña, dúas de saída e unha de protección) con illamento en SF6.

• Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 25 m en condutor RV 150, con orixe no centro de seccionamento/transformación proxectado e final na RBT existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo