Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 289/2018).

Declaración de insolvencia.

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 289/2018, por instancia de Andrea González Fleitas contra o executado Juan Liste Brañas sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 7 de febreiro de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 1.393,33 euros de principal, más 187,05 euros en concepto de xuros de mora, máis 158,03 euros que, provisionalmente, se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza