Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO de información pública do proxecto de delimitación do núcleo rural de Meiroi.

Aprobado inicialmente, mediante Acordo do Pleno do 23 de agosto de 2018, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Meiroi, de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública por prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes.

Ribeira de Piquín, 6 de febreiro de 2019

Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente