Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11356

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do xoves 31 de xaneiro de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 6452, artigo 14.1.b), onde di: «b) A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos de investimento non produtivo poderá ascender ao 100 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto cando a operación responda aos seguintes criterios: interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados.», debe dicir: «b) A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos de investimento non produtivo poderá ascender ao 100 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto cando a operación responda aos seguintes criterios: interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados. O importe máximo de axuda para este tipo de proxectos será de 200.000 € por beneficiario e convocatoria.».

Na páxina 6460, artigo 20.1.c), onde di: «No caso de entidades públicas de carácter local, deberá achegarse un certificado do secretario do concello ou do órgano competente na entidade local de que se trate conforme que o IVE soportado non é recuperable e a entidade ten a condición de suxeito pasivo, de acordo...», debe dicir: «No caso de entidades públicas de carácter local, deberá achegarse un certificado do secretario do concello ou do órgano competente na entidade local de que se trate conforme que o IVE soportado non é recuperable e a entidade non ten a condición de suxeito pasivo, de acordo ...».