Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do 27 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas na relación adxunta, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín, Lugo), por ser devolta polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 27 de novembro de 2018, pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín, Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra ela ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 11 de febreiro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario

DNI

165

76541899S

186

46641477F

236

76371573G

286

76577798B

354

09158219X