Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11225

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 28 de xaneiro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 5296, no artigo 7.a), onde di:

«a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, (...)».

Debe dicir:

«a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitacións, (...)».