Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana, ordenanza 8.3 dotacional de equipamentos docente, socio cultural, administrativo, sanitario e deportivo do Concello de Ribeira, por Acordo do Pleno en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (www.riveira.es).

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada por esta modificación do Plan xeral de ordenación urbana.

A duración da suspensión é de 2 anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe de maneira definitiva a modificación do plan xeral.

Ribeira, 5 de febreiro de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde