Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de febreiro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recuros potestativo de reposición ante esta Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 11 de febreiro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Pellegrini

Taoiria, S.L.U.

Rúa Rosalía de Castro, nº 94

Castroverde

O Recuncho

OJDC Eventos, S.L.

Lg. Ferreiros

As Nogais

A Fartar

Hotel Parrillada La Gallega, S.L.

Avda. de Portugal, nº 88

Rábade

Kopeteo

Jesús Rodríguez

Rúa Mariña Española, nº 2

Lugo

Arrebato

Mª Dolores Vázquez Rodríguez

Rúa Mariña Española, nº 2

Lugo

La Bolera

José Ramón Cociña

Rúa San Roque, nº 15

Ribadeo

La Cazuela

Manuel Jesús Vázquez García

Rúa Puente de Hierro, nº 1

Foz