Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das parcelas B4B01D e B4B01E do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas B4B01D e B4B01E do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto reformado presentado o 5.2.2019 por Financiera Maderera, S.A., asinado polo equipo técnico IDOM Consulting.

Como condición para a aprobación definitiva engadirase un punto no cal se resuman as determinacións resultantes da ordenación proposta no estudo de detalle e incluirase a seguinte:

A edificación das parcelas haberá de cumprir os recuamentos que estableza a normativa aplicable do proxecto sectorial, de conformidade coa estrutura parcelaria existente no momento de solicitarse a correspondente licenza.

As parcelas localízanse nas rúas de Castela e León (número 63) e de Murcia (número 2), figurando no catastro coas referencias catastrais 1112802NH4511A0000IF e 1112801NH4511A0000XF, respectivamente.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu Regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, así como o do organismo autónomo Augas de Galicia.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-das-parcelas-B4B01D-e-B4B01E-do-parque-empresarial-da-Sionlla/gl

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais