Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0028/2019-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0028/2019-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0028/2019-PPM

76969093F

Inicio

Estrada Xeral, 3, Escarabote, Boiro

PSC-CO-0046/2018-PRE

76321474E

Inicio

Cabanela, 16, Traba de Laxe, Laxe

PSC-CO-0050/2019-PPM

52939164H

Inicio

Xoana Torres, 6, entreplanta C, Ribeira

PSC-CO-0082/2019-TRA

32747098C

Inicio

República Arxentina, 43, 2º D, Sada

PSC-CO-0083/2019-COP

32747098C

Inicio

República Arxentina, 43, 2º D, Sada

PSC-CO-0092/2019-PPM

33288126L

Inicio

Hospital, 9, Muros

PSC-CO-0097/2019-PPM

54131532C

Inicio

O Portiño, 34, baixo, A Coruña

PSC-CO-0115/2019-PPM

32768632A

Inicio

Rolda de Outeiro, 424, 2ª, P. 19, A Coruña

PSC-CO-0117/2019-PPM

44844995D

Inicio

Casas Baratas, s/n, Boiro

PSC-CO-0122/2019-PPM

52457918R

Inicio

Mariño, 10, Ribeira