Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11060

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de febreiro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Social, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 14 de febreiro de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de febreiro de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file