Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 11014

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2019.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 14 de febreiro de 2019, apróbase a oferta de emprego público do Concello da Guarda correspondente ao exercicio 2019 nos seguintes termos:

Aprobación da oferta de emprego público do persoal ao servizo desta corporación para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Denominación da praza: policía local.

Clase de persoal: funcionario.

Número de vacantes: 3.

Sistema de acceso: quenda libre.

Denominación da praza: oficial de policía local.

Clase de persoal: funcionario.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: mobilidade, concurso (artigo 37.b) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e subsidiariamente alínea c).

Denominación da praza: traballador social.

Clase de persoal: laboral.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Denominación da praza: administrativo.

Clase de persoal: funcionario.

Número de vacantes: 3.

Sistema de acceso: promoción interna.

A Guarda, 14 de febreiro de 2019

Antonio Lomba Baz
Alcalde