Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 25/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Ribero contra Aberman Empresa Constructora, S.L., Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíz: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 65/2018 de data 6.2.2018 ditada no procedemento ordinario 960/2015 a favor da parte executante, José Manuel Martínez Ribero, fronte a Aberman Empresa Construtora, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 3.020,24 euros en concepto de principal (2.726,70 euros en concepto de vacacións, indemnización, paga extra de Nadal, 194,56 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais que comportan 834,47 euros, 98,98 en concepto de xuros do artigo 1108 do Código Civil sobre a indemnización que comporta 1.392,23 euros, máis outros 302,04 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custa desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e logo da estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Aberman Empresa Constructora, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Manuel Martínez Ribero e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aberman Empresa Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiado de Compostela, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza