Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de febreiro de 2019 pola que se notifica a orde de suspensión de obras derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2018-S1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 27 de decembro de 2018, resolución ordenando a inmediata suspensión das obras consistentes na construción dunha edificación sen rematar, tanto exterior como interiormente, con tipoloxía de vivenda, que conta con planta baixa, planta alta e aproveitamento baixo cuberta, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situada no lugar de Leiro dos Campos, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Manuel Méndez López, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística