Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Vilgar, S.C. para a ampliación dunha explotación avícola de polos de ceba en Outeiro-Escuadro, no concello de Silleda (Pontevedra) (expediente 2018-IPPC-I-20).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

Proxecto básico para autorización ambiental integrada. Ampliación de explotación avícola.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, o documento estará á súa disposición, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderase acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-I-20.

Peticionaria: Vilgar, S.C.

CIF: J36415248.

Enderezo social: lugar de Outeiro, nº 4, parroquia de Escuadro, Silleda (Pontevedra).

Localización da instalación: Outeiro-Escuadro, Silleda (Pontevedra).

Actividade: explotación avícola de ceba con 6 ciclos produtivos ao ano. O ciclo produtivo comenza coa chegada das aves ás instalacións cun día de vida e permanecen ata acadar os 2,5 kg de peso. Ao remate de cada ciclo realízase a retirada do esterco e a desinfección das naves.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación avícola de ceba para aumentar a súa capacidade produtiva ata un total de 108.108 polos. A instalación conta con tres naves, almacéns, unha caldeira de biomasa para abastecer o sistema de calefacción da nave 1, depósito de propano para abastecer os xeradores de aire quente das naves 2 e 3, dúas esterqueiras (138 m3 e 585,6 m3), depósito xeral de auga (55,8 m³), depósito estanco de recolla de aguas residuais (48 m3), silos para penso e valado perimétrico. Para a ampliación proxéctase a construción dunha cuarta nave, para o cal será necesario eliminar parte da edificación da nave 1, ademais da construción dunha nova esterqueira (600 m3).

Verteduras: as aguas procedentes dos aseos e da limpeza das naves almacenaranse nunha fosa estanca existente (48 m3). As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) nº 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.