Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 11007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1 (procedemento ordinario 357/2018 IN).

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1, tramítase o recurso 357/2018 IN (procedemento ordinario), interposto por Silvia Eustaquio Escuredo e María del Carmen López Ignacio contra a Orde do 20 de xullo de 2018, da Consellería de Sanidade, pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo (DOG núm. 144, do 30 de xullo), e contra a Resolución do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial, en aplicación do Acordo de carreira profesional publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 149, do 6 de agosto).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos