Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente T-26/18-3-LU.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase unha liquidación provisional pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal da forma indicada no artigo anterior, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo en aplicación do artigo 139 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante o Servizo de Control de Riscos Ambientais da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, con enderezo na rúa Montevideo, 9 (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 1 de febreiro de 2019

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Mafrilemos, S.L. B27188747. Polígono industrial de Reboredo, 21 (Monforte de Lemos).

Nº expediente: T-26/18-3-LU.

Tributos: actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem, control documental das operacións realizadas e marcación sanitaria de canais, vísceras e restos (31.08.01).

Controis sanitarios de determinadas substancias e a investigación de residuos nos animais vivos destinados ao sacrificio, relacionados na tarifa 08, e nas súas carnes (31.36.01).

Período: 3º trimestre de 2018.