Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 11004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de febreiro de 2019, da Zona Centro, polo que se procede á apertura do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización de varios departamentos de usuarios e contedores no dominio público portuario de Pontedeume.

Estando dispoñibles no porto de Pontedeume varios departamentos de usuarios e contedores no dominio público portuario de Pontedeume, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves, 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero, en todo caso, deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de febreiro de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro