Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 32076A501011250000YA.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento do titular do DNI 34546590S o seguinte:

Unha vez visto o expediente 1469/2018, con data do 11 de decembro de 2018, relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A501011250000YA, cunha extensión de 1.854 m2, e inscrito no Catastro a nome do titular con DNI 34546590S.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselle o propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A501011250000YA, e inscrita no Catastro a nome do titular con DNI 34546590S, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 1 de febreiro de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde