Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a provisión en propiedade de varias prazas.

Con data do 16 de novembro de 2018 foron publicadas, no BOP da Coruña núm. 219, as bases das convocatorias dos procesos selectivos para a provisión en propiedade dunha (1) praza de traballador/a social pola quenda libre, unha (1) praza de conserxe pola quenda de discapacidade e dúas (2) prazas de auxiliar administrativo/a pola quenda libre.

Narón, 28 de xaneiro de 2018

Marian Ferreiro Díaz
Alcaldesa