En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data 17 de decembro de 2018, os estatutos da organización sindical Alternativas á Xustiza Galega (AXG).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poderán ser afiliados ou afiliadas os traballadores e traballadoras do ámbito da Administración de xustiza de Galicia, con independencia da súa condición contractual de funcionarios ou laborais, xa sexan traballadores fixos, xa eventuais. A afiliación, como a baixa, é voluntaria.
Asinan a acta de constitución: Francisco José Franco Manso, Marta Gil Furelos, Mª del Carmen Rodríguez Ríos, Nuria Fornos Fernández, Pablo Valeira Ríos, María Belén Collazo Parada e Antonio Obenza Iglesias.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego