Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDITO (PO 475/2017).

Procedemento ordinario (PO) 475/2017

Demandante: José Luis Casal Suárez

Graduada social: María Begoña García Suárez

Demandados: Coprosider, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., Aceros y Metales Marfer, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Luis Casal Suárez contra Coprosider, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., Aceros y Metales Marfer, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 475/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Coprosider, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 24 de outubro de 2019, ás 10.55 e 11.00 horas, na planta -1, Sala 6, edificio da Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lles sirva de citación a Coprosider, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza