Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo para a determinación de perímetros de protección para captacións de auga subterránea no marco do proxecto Life Water Way, proxecto LIFE16 ENV/ES/000533-Life Water Way da Unión Europea.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade Pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto do contrato.

Título: determinación de perímetros de protección para captacións de auga subterránea no marco do proxecto Life Water Way.

Clave do expediente: GA.18067.

CPV (referencia de nomenclatura): 71313000-5.

Orzamento base: importe neto: 14.958,30 euros. Importe total: 18.099,54 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da oferta: importe neto: 14.458,30 euros. Importe total: 17.494,54 euros.

Contratista: Fundación Universidade da Coruña.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 cofinanciaranse coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life Medio Ambiente e eficiencia no uso dos recursos.

O programa Life é o instrumento da Unión Europea para o desenvolvemento de accións sobre o ambiente e o clima, coa finalidade de achegar solucións e melloras prácticas para «vivir ben, respectando os límites do noso planeta».

En dita liña de eco-innovación, o obxectivo do proxecto Life Water Way é sinxelo: dotar de abastecemento de auga potable o Camiño Inglés, como exemplo de mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e itinerarios culturais europeos.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia