Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 269/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 269/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Isabel Pérez Millán contra a empresa Auto Continental de Vehículos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do referido título xudicial a favor da parte executante, María Isabel Pérez Millán, fronte a Auto Continental de Vehículos, S.L., parte executada, por importe de 17.961,81 euros en concepto de principal (15.547,17 euros de cantidades debidas + 1.900,49 euros de xuros por moura ao 10 % + 514,15 euros de xuros do artigo 1.108 do CC), máis outros 1.796,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non será a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta número 1596, clave 64 N, debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e firma SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Auto Continental de Vehículos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza