Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10631

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ACORDO do 5 de febreiro de 2019 polo que se nomea o coordinador da Unidade Territorial Norte.

Mediante Acordo do 23 de marzo de 2018, publicado no Diario Oficial de Galicia número 82, do venres, 27 de abril, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de coordinador/a da Unidade Territorial Norte de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo publicarase no Diario Oficial de Galicia. En virtude do anterior, o Consello de Administración celebrado o 5 de febreiro de 2019

ACORDOU:

Con base na proposta do tribunal de selección, nomear coordinador da Unidade Territorial Norte, a Manuel Ángel López Real.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.