Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10482

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2018.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2018, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

– Partida orzamentaria: 13.03.713D.770.0, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Beneficiario

Axuda concedida (€)

A Portela S.A.T. nº 523

7.555,60

Adega Terra de Asorei, S.L.

7.555,00

Adegas Castrobrey, S.L.

1.767,99

Adegas e Viñedos Vía Romana, S.L.

5.949,95

Adegas Valmiñor, S.L.

70.492,50

Agro de Bazán, S.A.

47.329,01

Asociación Wines From Galicia

17.512,23

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

21.762,00

Bodegas As Laxas, S.A.

7.555,60

Bodegas Eidosela, S.C.G.

16.225,00

Bodegas Fillaboa, S.A.

33.302,48

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

132.344,00

Bodegas Milenium, S.L.

36.026,98

Bodegas Terras Gauda, S.A.

121.266,50

Bouza do Rei, S.A.T.

9.555,00

C.R.D.O. Rías Baixas

198.852,75

Corzo Rodríguez, Manuel

2.772,50

Godeval, S.L.

7.896,94

Grupo Gallego Valei, S.L.U.

15.549,75

HGA Bodegas y Viñedos de Altura, S.L.

25.553,68

Lagar de Besada, S.L.

6.554,00

Mar de Envero, S.L.

2.025,00

Pazo Pondal, S.L.

89.046,70

Viñas e Adegas Galegas, S.L.

55.209,96

Virxe de Galir, S.L.

53.881,56