Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2019 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a redacción do proxecto de deseño do edificio e contorna destinado ás dependencias do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Ourense.

Contrato de servizos para a redacción do proxecto de deseño do edificio e contorna destinado ás dependencias do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Ourense. Contrato ordinario.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 29/2018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=341810.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de deseño do edificio e contorna destinado ás dependencias do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Ourense (CPA: 74.20.2), (CPV: 71210000).

c) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto por concurso de ideas con intervención de xurado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 159.876,04 €. IVE: 33.573,97 €. Importe total: 193.450,01 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de novembro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xaneiro de 2019.

c) Contratista: Iglesias Veiga Arquitectos, S.L.P.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 145.000 €. IVE: 30.450 €. Importe total: 175.450 €.

Neste importe están incluídos os 24.000 € correspondentes ao primeiro premio que obtivo a empresa por ser a primeira clasificada no concurso de ideas, polo que, descontando esta contía, o importe correspondente á redacción do proxecto básico e de execución é de 151.450 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Mª Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social