Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10435

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 7 de febreiro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 7912, no artigo 33, Contía das axudas, parágrafo 1, onde di: «...No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 1.000 euros. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 euros», debe dicir: «...No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 1.500 €. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 euros».