Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de febreiro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 4 de febreiro de 2019, de baixa do establecemento que no anexo se menciona, xa que, intentada a notificación, non se poido realizar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de febreiro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Establecemento: Casa Solariega de Cervantes.

Signatura: TR-LU-000148.

Manuel Antonio Fernández Fernández.

Domicilio: rúa Catasol, 2, 6º esq., CP 27002.

Concello: Lugo.