Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10539

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Por Resolución do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 21 de setembro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos, e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que se faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Covelo Pérez, José Miguel

3607****

65

Martínez Barreiro, Rocío

****6901

65

Roca Carrodeguas, Carlos

3269****

65

Soto Maceiras, Paulo

****8962

65

Vigo López, José Luis

3334****

65

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Aprea Otero, María Dolores

****0037

20, 66, 67

Balsa Pérez, Pablo Roi

4448****

86

Barrera Toba, Carlota

****3442

20, 66, 67

Blanco Campo, Pablo

4408****

20, 66, 67

Blanco Silva, María Berta

****8058

66, 67

Díaz Comba, María Melodi

3355****

66, 67

Domínguez González, Cristina

****1532

67

Francisco González, Adriana

5361****

20, 63

Galiñanes Castro, José Ramón

****4972

66, 67

García Barja, Catalina

3499****

20, 66, 67

García Seara, Ramón

****8861

20, 63

González Fernández, Félix

3487****

67

González Requejo, María Teresa

****5940

20, 63

Harinero González, María José

3610****

66, 67

Longo Lorenzo, Catalina

****6101

86

Maceira Maceira, Flori

7690****

20, 66, 67

Malvido Campos, Raquel

****5255

20, 66, 67

Martínez Falcón, Aida

3333****

20, 66, 67

Orza Ocampo, Montserrat

****7231

67

Pedroviejo García, Marta

0314****

20, 66, 67

Raquel Calleja, Grande

****0040

66, 67

Rey Couto, Mónica

3330****

22

Rielo Monasterio, Mónica

****0023

20, 66, 67

Rivas de la Iglesia, María Rita

5247****

20, 63

Rodríguez Abruñeiras, Lucita

****2742

20, 66, 67

Souto Martín, Susana

3277****

20, 66, 67

Varela Rodríguez, Venus María

****4218

22

Código

Descrición

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa ordinaria

64

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa especial

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria