Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de decembro de 2018 polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario e execución de obras da concesión administrativa outorgada a Depuradora de Moluscos La Sirena, S.A., con destino á construción de estación depuradora e centro de expedición de moluscos no dominio público portuario de Tragove (expediente 13-36-00-C2).

Estase a tramitar unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa outorgada a Depuradora de Moluscos La Sirena, S.A., para construción de estación depuradora e centro de expedición de moluscos no dominio público portuario de Tragove. Así como a tramitación das obras descritas no proxecto básico de ampliación e reforma dunha depuradora, redactado polo enxeñeiro industrial David Trillo Sendón, en marzo de 2018.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de decembro de 2018

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia