Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10401

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toén

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 33, do 8 de febreiro de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a selección, mediante a provisión en propiedade e quenda de acceso libre, da praza de persoal funcionario de Administración xeral, subescala administrativa, do Concello de Toén, polo sistema de oposición (expediente 21/2019), aprobadas mediante o Decreto da Alcaldía do 6 de febreiro de 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Toén, 11 de febreiro de 2019

Amancio Antonio Cid Pérez
Alcalde