Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10237

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 19 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2018 (DOG núm. 227, do 28 de novembro), dáse publicidade dos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2018 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO I

Título

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do forno de campás de San Vítor de Barxacova (Parada de Sil, Ourense).

3.9.2018

25.000,00

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais.

4.9.2018

12.000,00

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Pen Clube de Galicia, para a realización da XII Edición dos premios Rosalía de Castro 2018.

4.9.2018

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital para o proxecto de climatización e biblioteca infantil e xuvenil ilustrada.

4.9.2018

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2018.

17.9.2018

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

19.9.2018

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización da xornada A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems.

21.9.2018

19.145,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a diócese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a realización de varias actuacións de reparación e restauración no conxunto do Mosteiro de Carboeiro, Silleda (Pontevedra).

25.9.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello das Neves para a realización de traballos de documentación e posta en valor dos petróglifos da Coutada (As Neves, Pontevedra).

26.9.2018

23.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a realización dunha actuación arqueolóxica para a investigación e documentación do xacemento arqueolóxico de Mercado dos Mouros (Valga, Pontevedra).

26.9.2018

7.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas-Exponav, para a conservación e tratamento curativo e preventivo de diferentes pezas do museo da construción naval e das actividades marítimas Exponav.

26.9.2018

27.000,00

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da fundación.

26.9.2018

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3 para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

27.9.2018

12.000,00

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través do Centro Galego de Arte Contemporánea e o Centro Azkuna de Ocio y Cultura, S.A. (Azkuna Zentroa) para a exhibición nas súas sedes da exposición da artista Ángela de la Cruz Homeles.

2.10.2018

42.313,09

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Comunidade Cisterciense do Divino Salvador de Ferreira de Pantón para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración da planta baixa da casa do capelán do Mosteiro de Ferreira de Pantón, Lugo.

8.10.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Comunidade Mercedaria de Verín para a posta á disposición dos inmobles necesarios para a restauración do retablo maior da igrexa do convento dos Padres Mercedarios, Verín (Ourense).

15.10.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

16.10.2018

0,00

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial da Coruña para a realización do Premio Otero Pedrayo 2018.

23.10.2018

8.000,00

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do Premio Otero Pedrayo 2017.

23.10.2018

8.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

24.10.2018

0,00

Addenda ao convenio de colaboración asinado o 2 de xaneiro de 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (na actualidade Consellería de Cultura e Turismo) e Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego.

30.10.2018

81.918,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

5.11.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade do Algarve para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

8.11.2018

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais.

14.11.2018

15.000,00

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a rehabilitación da edificación Casino de Noia para a súa transformación nun centro de visitantes multifuncional do xeodestino da Ría de Muros Noia.

20.11.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a realización do proxecto Faílde Mestre Escultor.

22.11.2018

25.000,00

Convenio de cooperación educativa de prácticas externas entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Salamanca para a realización de prácticas de alumnos das titulacións impartidas na Universidade de Salamanca na Biblioteca de Galicia.

22.11.2018

0,00

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (actualmente Consellería de Cultura e Turismo) e o Concello de Vilanova de Arousa para a reforma da casa de cultura a auditorio e edificio de multiúsos.

29.11.2018

0,00

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (agora Consellería de Cultura e Turismo) e o Concello de Ourense para a rehabilitación da antiga igrexa de San Francisco como espazo museístico.

30.11.2018

0,00

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (actualmente Consellería de Cultura e Turismo) e o Concello de Mondoñedo para a musealización da casa de Álvaro Cunqueiro.

30.11.2018

0,00

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (actualmente Consellería de Cultura e Turismo) e o Concello de Dodro para o acondicionamento do local social de Imo.

30.11.2018

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Escola Galega de Administración Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2019.

20.12.2018

36.888,00

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Cabido do Conxunto Catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución das actuacións de conservación e restauración derivadas do Plan director do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela.

28.12.2018

0,00

ANEXO II

Título

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Antón de Pepiño dependente do dito concello.

9.7.2018

0,00

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal dependente del.

2.8.2018

0,00