Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra) que, con data do 22 de xaneiro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:
«Despois de emitir informe favorable o Comité Técnico Asesor a documentación integrante das bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra), e á vista do informe do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a Xunta Local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra).
O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial desta Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2019
Mª José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra