Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10179

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do proxecto de expropiación urbanística, polo sistema de taxación conxunta, para obtención dos terreos incluídos no Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina en Meicende.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria do 28 de decembro de 2018, adoptou o acordo de aprobación inicial do Proxecto de expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta para obtención dos terreos incluídos no Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina en Meicende, Arteixo, asinado por Isidro López Yáñez, arquitecto colexiado número 2261, e por Beatriz Blanco Lois, enxeñeira técnica agrícola colexiada número 1909, expediente número 09/18.

Así mesmo, acordouse someter a información pública por período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Referencia catastral

Titular

DNI/NIF

Superficie total (m2)

Superficie que se expropia (m2)

Outros bens afectados

1

001400700NH49G0001RR

Sande Naya, María

...906F

1.201

164

40 UD árbore de ribeira

2

15005A064001940000PO

Sande Naya, María

....906F

53.801

19.703

3 UD árbore de ribeira

3

15005A064002010000PJ

Inmobiliaria Residencia Parque Ronda, S.L.U.

.......907

18.821

2.828

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, ignórese o lugar da notificación, ou ben intentada esta non se puido practicar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 22 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais