Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, polo que se notifica ao interesado a resolución do recurso de alzada 2017/64-RA-P, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, anúnciase a notificación da resolución do recurso de alzada 2017/64-RA-P en materia de protección do patrimonio cultural ao titular do DNI 35553416Q na súa cualidade de presidente da Asociación Cementerio de Nuestra Señora de la Guía, a quen non se lle puido notificar por correo certificado.

A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, a resolución non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo. Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, con obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio ou ben o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 46 e 14.1 seg. da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/64-RA-P.

DNI do recorrente: 35553416Q.

Resolución notificada: resolución de recurso de alzada.