Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10048

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, novembro e decembro de 2018, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de setembro, novembro e decembro do ano 2018

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar) para a potenciación, difusión e promoción dos sectores e produtos pesqueiros, dentro da International World Congress on Global Fisheries Production o 1 de outubro de 2018.

109.277,64 €

26.9.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

30.000,00 €

13.11.2018

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Empresa Isidro 1952, S.L. para o intercambio de peixes (ollomol) polo seu valor en pensos.

Sen contido económico

26.12.2018

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización da acción de investigación Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira, pola que se modifica a distribución orzamentaria.

Non supón incremento de crédito respecto do convenio inicial

26.12.2018