Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal do acto que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 30 de xaneiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Lourdes Rodríguez Rivera (By Lulu)

PO-74/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Inveraliance

PO-21/2018

Resolución de expediente sancionador

Albacete

Moda Náutica España, S.L.

PO-92/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Lourdes Rodríguez Rivera (By Lulu)

PO-47/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Sergio Andrés Herrera Pereiro

(Deportes Teis)

PO-75/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Bilhoto Fernández Inversiones

(Pica Pica Vending)

PO-116/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

María Isabel González Abad (Raisa)

PO-60/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo