Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición pública do estudo de detalle da parcela H.4 situada no parque empresarial As Gándaras, concello de Lugo.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2019, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4 (antigo bloque 1) do parque empresarial As Gándaras, que modifica o anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 4 de maio de 2015, redactado polo arquitecto Arturo Silvosa Pérez e o enxeñeiro industrial José Luis Valado Viéitez e solicitado por Jorge Fernández Herbón, en representación de Desguaces Herbón, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e poderán presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 8 de febreiro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento
Sustentable e Persoal