Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a Resolución do 14 de xaneiro de 2019 pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto da planta de xestión de residuos da construción e demolición na parroquia de Paleo, concello de Carral (clave 2017/0207).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de xaneiro de 2019 relativo ao proxecto da planta de xestión de residuos da construción e demolición na parroquia de Paleo, concello de Carral, promovido por Transportes Vasa Norte, S.A.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático