De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 22 de xaneiro de 2019
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
76/2018-CO |
Piñeiro Maquinaria, S.L. |
Acordo de inicio |