Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9552

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e en cumprimento desa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febrero de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración en actividades de interese xeral entre o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Atresmedia e Novartis Farmacéutica, S.A., para a elaboración dun plan formativo en posibilidades de comunicación para profesionais sanitarios do sistema público de saúde de Galicia

15.000,00 €

27.6.2018

Adenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Conselleria do Medio Rural, a Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo para a vixilancia entomolóxica en Galicia

20.812,00 €

16.7.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Agolada no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Agolada

1.339,10 €

10.9.2018

Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Pantón no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Pantón

8.232,93 €

10.9.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención de protección da saúde

3.979.799,92 €

20.9.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lugo polo que se establecen as bases para a execución das obras do anteproxecto do centro integral de saúde do barrio da Residencia

Sen achega económica

21.9.2018

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Janssen Cilag, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

21.9.2018

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Roche Diagnostics, S.L.U. para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación

Sen achega económica

21.9.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Cruz Vermella Galicia para desenvolver un programa de actividades de acompañamento para a prevención e promoción da saúde en persoas maiores

Sen achega económica

24.9.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Guarda sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde da Guarda

Sen achega económica

27.9.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Petín sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Petín

Sen achega económica

27.9.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Valdoviño no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Valdoviño

41.624,00 €

10.10.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballeda de Valdeorras no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Carballeda de Valdeorras

3.539,25 €

10.10.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A. para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Domusvi Chantada

Sen achega económica

11.10.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e cursos internacionais da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos extranxeiros

Sen achega económica

22.10.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ponteceso sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Ponteceso

Sen achega económica

24.10.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Fundación María José Jove e a Universidade da Coruña para a realización dun estudo epidemiolóxico observacional transversal para a valoración da prevalencia de asma, rinite e dermatite na poboación infantil da cidade da Coruña e concellos limítrofes

Sen achega económica

29.10.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cuntis no que se establecen as bases para a reforma do centro de Saúde de Cuntis

12.500,00 €

7.11.2018

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de saúde e a Fundación Humáns

Sen achega económica

8.11.2018

Convenio específico para o ano 2018 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas) e a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

20.11.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Sek-Atlántico para a realización de actividades de voluntariado na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

Sen achega económica

20.11.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona)

137.860,95 €

26.11.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lalín para a execución das obras de construción dun centro integral de saúde

Sen achega económica

21.12.2018