De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Óscar Martínez Rodríguez o Acordo do 22 de novembro de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 017, sito en Gondomar, relativo ao proxecto 00860 (expediente 2018/000686), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que se resolva o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00860-Alargamento para carril lento, mellora de interseccións e reforzo do firme na estrada PO-331. Treito: O Porriño-Gondomar. Clave: Po/04/112.06.
Nº de expediente: 2018/000686.
Persoa que se vai notificar: Óscar Martínez Rodríguez.
Expropiante: CIM Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.
Expropiado: Ildefonso Ruiz Padilla.
Beneficiario: CIM Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.
Predio nº: 017.
Concello: Gondomar.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do Xurado: 10.471,81 €.